FEMINICIDIO

Asina para que non se peche o Xulgado contra a violencia machista en verán

Ana Pontón, Avia Veira e Vitoria Louro no inicio da campaña que iniciamos no verán para reclamar a apertura permanente deste xulgado
Ana Pontón, Avia Veira e Vitoria Louro no inicio da campaña diante dos xulgados da Coruña

Iniciamos unha recollida de sinaturas contra o peche en agosto do xulgado de violencia na Coruña por falta de xuíz 

A nosa portavoz nacional Ana Pontón lamenta que a carta de presentación  do Pacto contra a Violencia de xénero do Estado sexa o peche  dun xulgado específico de violencia   por falta de xuíz ou xuíza durante o mes de agosto

Asina para que non se peche o Xulgado contra a violencia machista en verán

A nosa portavoz nacional Ana Pontón participou no inicio da campaña de recollida de sinaturas (podes descargar o prego para asinar premendo aquí), iniciada por nós onte diante dos xulgados da Coruña contra o peche en agosto do Xulgado de Violencia sobre a muller por falta de xuíz.

Deste xeito Ana Ponton denunciba nunha improvisada rolda de prensa diante do edificio da praza de Monforte a situación no xulgado, da que dixo, “afecta gravemente a protección e seguridade e funcionamento da xustiza nun ámbito tan importante como é a loita contra a violencia de xénero” e non é de recibo que non haxa un ou unha xuíza substituto para manter abertos os xulgados de xénero os doce meses do ano. “No período vacacional prodúcense picos  de violencia de xénero e resulta  inconcibible que xusto nesta época os medios xudiciais permanezan baixo mínimos e os xulgados pechados por vacacións”, apostilou.

Por outra parte, na mesma intervención Ana Pontón rexeitaba as escusas do Ministerio de Xustiza argumentando problema de recursos cando o Goberno central acaba de “incrementar en máis de 7.000 M€ os fondos para armamento militar”.

Tanto o goberno central como o galego, explicaba a nosa Portavoz Nacional, están a demostrar que a xustiza contra a violencia de xénero non forma parte das súas prioridades na axenda política. Neste sentido,  lamentaba que “a carta de presentación do Pacto contra a Violencia de Xénero no Estado sexa o peche dun xulgado durante os meses de verán” e preguntábase para que   valen os acordos no Parlamento galego e  Congreso cando estamos a comprobar que cada vez contamos con menos medios.

Momento no que a nosa Portavoz Nacional Ana Pontón asinaba o preso da solicitude

Desde o BNG non imos a ficar calados e caladas e facemos unha chamada a toda a sociedade para involucrase na denuncia desta situación”. Si a violencia de xénero é exercida durante todos os días do ano, “os medios para loitar contra ela deben ser efectivos  os 365 días tamén”.

O peche do xulgado da Coruña está a provocar a dilatación das ordes de afastamento e hai vidas que dependen destas medidas. Esta campaña é unha chamada de atención e reclamamos unha lexislación que blinde os xulgados de xénero para que permanezan abertos todo o ano.

A xunta debe implicarse e deixar o conformismo coas decisións do Goberno central xa que logo lembramos que no mes de xaneiro todas as forzas políticas galegas reclamamos no Parlamento máis medios para os xulgados e mellorar a asistencia xudicial. A Xunta é responsábel do que está acontecendo coa falta de medios porque nin reclama nin presiona sobre esta competencia.

Na rolda de prensa tamén participou a nosa portavoz municipal Avia Veira que reiterou que a campaña de recollida de sinatura ten por obxecto que a   Xunta actúe  ante o Ministerio de Xustiza para  substituír o xuíz do xulgado contra a violencia a muller nesta cidade en período de vacacións e cualificou de “escándalo” que deba ser un xuíz ou xuíza, “non especialista en violencia” o que deba asumir, ademais dun  grande número de casos ordinarios  os específicos contra violencia de xénero.

 

A Coruña, 24 de agosto, 2017.

Noticias relacionadas.

 

Asina para que non se peche o Xulgado contra a violencia machista en verán