Apoiamos as traballadoras da antiga Extel afectadas por un ERTE cun serio impacto na sede coruñesa
A antiga Extel foi diminuíndo de forma moi considerábel o seu cadro de persoal na súa sede coruñesa, até o punto de que dun colectivo de máis de 1.200 traballadoras/es se pasou ás apenas 530 actuais. Destas veríanse afectadas polo ERTE un total de 70.
Representantes das traballadoras ven neste ERTE un ERE encuberto ao non se ofrecer ningún tipo de garantía de volta ao traballo e ao ter un período de vixencia excesivamente longo. Consideran que a empresa tampouco xustificou suficientemente a necesidade de recorrer a este ataque aos dereitos laborais.
O comité de empresa ten convocado dúas folgas de 24 horas para os próximos días 13 e 19 deste mes.