O 25 de xullo, unha data na que afortalar o amplo movemento nacionalista

Momento do reparto desta mañá, con David Pena en primeiro termo.
O 25 de xullo, unha data na que afortalar o amplo movemento nacionalista

Dentro da campaña de actividades conmemorativas do Día da Patria que estamos realizando por todo o país, e como preámbulo do grande acto central da manifestación nacional do 25 de xullo que convocamos en Santiago baixo o lema “Galiza viva. Soberanía e traballo”, vimos de realizar esta mañá un reparto na contorna do mercado de Elviña no que participaron membros do noso Consello Local.

Realizamos un reparto este mediodía na contorna do mercado de Elviña animando a participar nos actos conmemorativos do Día da Patria

Momento do reparto desta mañá, con David Pena en primeiro termo.

A este respecto, o noso Responsábel Local, David Pena, aproveitou a actividade para realizar un convite xeral a participar da manifestación do propio día 25, xa que logo queremos implicar a todas as persoas e a todos os colectivos que sintan este país. Chamamos a participar, a todos os que acrediten en Galiza como nación, á manifestación do 25 de xullo en Compostela que sempre foi plural e reivindicativa. Facemos un chamamento a todas as forzas políticas que teñan o seu centro de decisión no país e se sintan nacionalistas, a todos e todas que comparten este sentimento, a encher a Praza da Quintana o 25 de xullo.

"No actual contexto, sinala David Pena, é fundamental afortalar un amplo movemento nacionalista que dea alternativas ás galegas e galegos en materia de emprego e benestar, alternativas que deben ser construídas en Galiza, sen ataduras con ninguen, exercendo a soberanía e tendo en conta as peculiaridades sociais e económicas do noso País".

Queremos implicar a todas as persoas e a todos os colectivos que sintan este país. Chamamos a participar, a todos os que acrediten en Galiza como nación, á manifestación do 25 de xullo en Compostela, que sempre foi plural e reivindicativa

Por último, o tamén convidamos a participar da ofrenda floral no monumento a Curros Enríquez, nos xardíns de Méndez Núñez, que este ano cumpre a súa vixésima segunda edición. Desta volta, a actividade, na que participará a nosa Portavoz Nacional Ana Pontón, terá lugar mañá xoves 21, a partir das 20.30 h, e contará cunha rondalla que realizará un pasarrúas que comezará no propio local do BNG, na rúa Damas 4, e percorrerá as rúas do centro da cidade, rematando diante do monumento realizado por Francisco Asorey.

A Coruña, 20 de xullo de 2016

 

Artigos relacionados:

 

O 25 de xullo, unha data na que afortalar o amplo movemento nacionalista