Uns orzamentos que "choven sobre mollado"

Uns orzamentos que "choven sobre mollado"

O BNG DA CORUÑA ENTENDE QUE OS ORZAMENTOS DO ESTADO RENUNCIAN AO DESENVOLVEMENTO DUNHA MOBILIDADE SOSTÍBEL E Á REXENERACIÓN DA RÍA DO BURGO

No BNG sinalamos que novamente as grandes eivas de anos anteriores volven destacarse nas partidas que veñen de se presentar onte. A Ría do Burgo, o tren de de proximidade ou mesmo os enlaces co Porto Exterior non reciben, ao noso xuízo, un investimento real, que teña por obxecto a consideración da área urbana como motor social e económico da comarca.

A cidade e a contorna volve carecer de investimento real no tren de proximidade e dos investimentos necesarios para rexenerar a revalorizar a ría.

No BNG preguntámonos onde van os estudos da viabilidade da implantación dun tren de proximidade na comarca da Coruña logo de seren consignadas partidas desde 2011. Xa era hora de que eses estudos tiveran un reflexo real na execución da implantación. No BNG cremos fundamental ter unha rede ferroviaria que conecte os distintos puntos da comarca e que axude a dinamizar o territorio, mais unha vez, denunciamos, seguen a se abandoar as infraestruturas que hoxe en día existen e que conectarían á contorna co centro da cidade.

No BNG cualificamos como esmolas a unhas partidas feitas sen o coñecemento das necesidades reais da nosa cidade.

Respecto á ría do Burgo, sinalamos que “volve chover sobre mollado”. Os orzamentos do PP negan sistematicamente o impulso a un dos sectores estratéxicos da nosa economía: o mar. A inversión na nosa ría serviría para reducir o desemprego na nosa cidade e na comarca e sería un incentivo para un sector castigado con extrema dureza desde o comezo da crise. A esmola que representa a partida para 2016 é aínda máis insultante ao só verse so acompañada de partidas ate o 2019 que van retrasando progresivamente unha actuación urxente e que xa debería terse realizado.

Uns orzamentos que "choven sobre mollado"