O acordo de Santa Lucía dá a razón ao BNG
A Coruña, 11 de agosto de 2015.- Desde o Grupo Municipal do BNG da Coruña sinalamos que o anuncio do goberno da Marea Atlántica a respecto do acordo acadado onte confirma que se podia evitar o peche do mercado de Santa Lucía e que a solución non pasaba pola reubicación d@s praceir@s, tal e como defendíamos.
No BNG sinalamos que o anuncio do Goberno da Marea Atlántica a respecto da situación do mercado de santa lucía confirma que se podía evitar o peche do mercado
Asemade entendemos como positiva a rectificación do goberno da Marea Atlántica, e que resolve o problema por eles mesmos creado coa resolución do 23 de xullo.
No grupo municipal, que estivemos pola mañá na praza de Santa Lucía, consideramos fundamental, de confirmarse que o Concello se fará cargo do Mercado a partir de xaneiro, que este garanta a permanencia d@s praceir@s no seus postos, a través da concesión da ocupación temporal trimestral ou a través da concesión dunha ocupación máis longa logo dun proceso de adxudicación. Porén, laiámonos de que, para algún praceir@, xa chega tarde.
O Grupo Municipal do BNG estivemos está mañá no mercado de Santa Lucía e recollimos as inquedanzas d@s praceir@s sobre cuestións aínda por resolver
Asemade, preguntámonos por que o acordo ao que chegou o Concello e a empresa concesionaria non recolle as obras necesarias para a reparación e reposición das instalacións do mercado nin se estas son as que os técnicos municipais valoraron en 600.000 .
No BNG preguntámonos en que consisten as obras ás que se refire o acordo e se son as que o propio Concello valoraba en 600.000
Lembramos, por último, que segue sendo imprescindíbel para a revitalización do Mercado, a construción dunha instalación sanitaria no edificio. Neste sentido, @s compañeir@s do BNG no Parlamento de Galiza xa ten presentado o pasado día 30 de xullo varias iniciativas para demandarlle á Xunta que cumpra o protocolo asinado polo anterior Goberno municipal.