Todo o noso apoio e solidariedade á familias e achegad@s das vítimas e @s ferid@s polo accidente
A Coruña, 25 de xullo de 2013.- O BNG da Coruña transmite todo o seu apoio e a solidariedade ás familias e persoas achegadas dos afectados no terríbel accidente ferroviario. Neste momento de dó, o BNG da Coruña transmite as máis sentidas condolencias ás familias e persoas achegadas das vítimas do sinistro. As nacionalistas súmanse súmase a todos os actos de solidaridade e pésame polas vítimas do terrible accidente ferroviario.
Pola outra banda, o BNG da Coruña anima a cidadanía a colaborar en todo o que sexa posíbel, seguindo sempre as instrucións das autoridades sanitarias. A formación frontista fixo un chamamento a súa militancia para doar en función das instrucións dos sanitarios. Precisamente, na noite pasada, representantes do BNG acudiron o CHUAC
a doar.
Ademais, o BNG da Coruña agradécelle a todas as persoas a necesaria e impresionante lección de humanidade e solidariedade. Enxalza tamén o grandísimo e fundamental labor dos servizos públicos, nomeadamente de bombeir@s, enfermeir@s, médic@s, persoas do centro de transfusión de sangue