Bravo denuncia o dispendio na festa de San Xoán: máis de medio millón de euros!!!

Bravo denuncia o dispendio na festa de San Xoán: máis de medio millón de euros!!!

A Coruña, 24 de xullo de 2013.- Despois de consultar o expediente administrativo do IMCE sobre as festas de San Xoán, a concelleira do BNG María Xosé Bravo advirte de que os gastos do Concello ascenderon a máis de medio millón de euros. Trátase, en palabras da nacionalista, dun dispendio nunhas festas xa de por si populares e participativas que non precisan de adobío ningún.

Para a edila do BNG só serían explicábeis os gastos de Turismo, co fin de atraer persoas á Coruña, mais non os múltiples desembolsos prescindíbeis na celebración pagá do solsticio de verán, máxime, nunha época de recortes en dereitos sociais e de encarecemento da vida, coa suba de servizos tan básicos como a auga ou o bus e co repagamento na axuda a domicilio.

María Xosé Bravo censura gastos como os 40.546 euros en mupis e bandeirolas penduradas dos farois que anunciaban ao longo de toda a cidade que se achegaba o San Xoán, os 18.150 euros da construción da falla ou os 6.000 euros dunha das sardiñadas, a que tivo lugar no porto.

Desglose dos gastos

O expediente do IMCE sobre o San Xoán recolle os seguintes gastos:

  • Actividadades infantís nos barrios: 38.977 euros
  • Orquestras (Gran Parada, Panorama e Cinema): 31.460 euros
  • Hombres G: 64.130 euros
  • Bipolar Fest: 10.285 euros
  • Animación: 7.700 euros
  • Pirotecnia: 10.500 euros
  • Construción da falla: 18.150 euros
  • San Xoán pequeniño: 32.709 euros
  • Hogueras de San Xoán: 20.900 euros
  • Deseño carroza: 3.872 euros
  • Varios (deseño da carroza, falla, sardiñadas) 17.280 euros
  • Construción da carroza: 24.000 euros
  • Varios montaxe: 25.000 euros
  • Alejandro Sanz: 19.265 euros (145.295 de gastos e 126.030 de ingresos para o IMCE por venda de entradas)
  • Mupis: 20.025 euros
  • Bandeirolas: 20.519 euros
  • Programa: 15.105 euros
  • Imprenta do programa: 6.248 euros
  • Vídeo e reportaxe: 12.383 euros
  • Sardiñada no porto: 6.000 euro
  • Publicidade nos buses: 3.200 euros

María Xosé Bravo advirte de que a maiores dos gastos do IMCE recollidos no expediente das festas de San Xoán ao que tivo acceso, faltarían os gastos da Concellaría de Turismo (vídeos e propaganda), os gastos da Concellaría de Medio Ambiente (reparto de leña gratuíta e sorteo de viaxes), os gastos da Concellaría de Seguridade Cidadá (vídeo “En San Juan no te quemes, pásalo) e mais os gastos de Alcaldía en publicación de bandos e publicidade en medios de comunicación (que ascenderían a 20.000 euros).

 

Bravo denuncia o dispendio na festa de San Xoán: máis de medio millón de euros!!!