O BNG advirte irregularidades na adxudicataria do servizo de axuda a domicilio
A Coruña, 7 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do BNG empraza o Goberno do Sr. Negreira a comprobar e avaliar de xeito minucioso se a empresa INGESAN, concesionaria do servizo de axuda a domicilio por 1,5 millóns, está a cumprir o proxecto técnico presentado. E é que as nacionalistas tiveron acceso ao informe elaborado por técnicos do Concello onde se recolle a puntuación conseguida por cada unha das empresas presentadas ao concurso e as razóns da puntuación obtida.
Sen coche e sen aplicación móbil de localización
O BNG advirte de que no apartado 2.4 Medios materiais, INGESAN logrou a puntuación máxima porque, segundo o informe realizado polos técnicos municipais: valórase moi positivamente la dedicación en exclusiva al contrato de un vehículo a fin de poder cumplir con los tiempos de respuesta indicada en los pliegos e un 2º vehículo a disposición de los responsables del Ayuntamiento para la realización de visitas de los usuarios cuando así fuese preciso. Porén, segundo a información a que tiveron acceso as nacionalistas non existe ningún vehículo e ou cando menos as/os traballadoras/es descoñecen a súa existencia.
Ademais, sinalabáse neste mesmo punto de Medios materiais que es destacable la incorporación de la aplicación GESAD MOBILLE que permite la localización y comunicación directa en todo momento con los auxiliares des servicio vía teléfono móvil, permitiendo así mismo el control horario del personal. Segundo a información á que tivo acceso o Grupo Municipal do BNG a aplicación GESAD MOBILLE a día de hoxe non está operativa e non existe ningún control horario do persoal, polo non é posíbel saber se as auxiliares están nos domicilios.
No apartado 2.5 Plan de calidade, INGESAN acadou tamén a puntuación máxima en base a que propón protocolos de atención que permiten el mejor control de calidade, un plan moi municioso de control por número de usuarios aos que se lle realizarán visitas de seguimento. Segundo puido saber o Grupo Municipal do BNG até hai uns días as auxiliares non estaban asinando as follas de control, o que significa que as persoas usuarias no estaban asinando as follas de asistencias.
Só tres traballadoras sociais están a realizar o traballo de coordinación, cando o mínimo son catro traballadoras sociais
Neste contexto, as nacionalistas poñen de manifesto que non hai nin control, nin calidade. Lembran que na primeira quincena despois de facerse cargo do servizo, INGESAN despediu catro traballadoras sociais. É dubidoso, entón, que a empresa poida ofrecer calidade. Mediante recortes en coordinadores non se poden facer seguimientos bimensuales nin se pode saber o que se necesita en cada domicilio. A isto hai que engadirlle que a día 31 de xullo a empresa despediu a unha Traballadora Social que contratara apenas un mes antes polo que neste momento só tres traballadoras sociais (unha delas contratadas hai menos de un mes) están a realizar o traballo de coordinación, cando o mínimo son catro traballadoras sociais.
Segundo puido saber o Grupo Municipal do BNG a empresa EULEN presentou un recurso por entender que non se estaba valorando ben a INGESAN, recurso que foi rexeitado polo Goberno do Sr. Negreira. Con estes datos na man, as nacionalistas esíxenlle agora aos responsábeis do PP que comproben se INGESAN faltou á verdade e se enganou aos técnicos municipais que realizaron os informes polos que esta empresa foi a mellor valorada na proposta técnica.