O Sr. Negreira ve "los líderes de nuestra futura sociedade" nos alumnos dun colexio do Opus
A Coruña, 16 de outubro de 2014- O Grupo Municipal do BNG considera lamentábeis as declaracións do Sr. Negreira no acto de inauguración do novo edificio para os alumnos de educación primaos ria do colexio Peñarredonda, un centro do Opus Dei, privado e exclusivo para homes. No transcurso da inauguración, na que tamén participou o concelleiro de Urbanismo, o Sr. Negreira, nun ataque de sinceridade sen precedentes, puxo de manifesto, en relación aos rapaces que estudan neste centro do Opus, que aquí están los líderes de nuestra futura sociedad.
As nacionalistas sinalan que as declaracións do Sr. Negreira representan o modelo de ensino reaccionario, ultracatólico e elitista do Partido Popular, que teima en financiar os centros que segregan por sexo caso do Peñarredonda e do Montespiño na nosa cidade- malia a sentenza do TSXG que declara nulos os concertos coa Xunta de Galiza. Á vez que o Sr. Negreira aposta por un centro de ensino privado, do Opus Dei e só de homes, o Partido Popular, desde a a Xunta de Galiza, recorta profesorado, suprime unidades e masifica as aulas dos centros de ensino público, que se atopa precarizado.