Carril: "Vivir na Coruña é máis difícil e máis caro polas políticas de asfixia social do PP"
A Coruña, 13 de xuño de 2013.- O Grupo Municipal do BNG fixo balance esta mañá en rolda de prensa dos dous anos de mandato do Goberno do PP na cidade da Coruña, un goberno, en palabras do portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, mercantilista, excluínte e tamén sectario e vingativo.
O portavoz nacionalista puxo de manifesto que vivir na Coruña cada é máis difícil e caro, polas políticas de asfixia social do PP. O Goberno municipal dálle a quen máis ten e menos o necesita a cambio de quitarllo a quen menos ten e máis o necesita coa súa política fiscal e orzamentaria: dálle á Compañía de Tranvías por un caro e mal servizo á cidadanía; á Autoridade Portuaria e a Copasa a cambio de nada; ás empresas multinacionais das enerxías e da telecomunicación por conta da Universidade; á caridade e beneficencia por conta dos servizos públicos básicos e ás grandes construtoras, cun PXOM feito ao seu antollo, por conta da propia vida da cidade e de máis desafiuzamentos, expuxo.
E isto, Carril engadiu co incremento da presión fiscal local (IBI), para que todo o pobo pague como se for rico, co encarecemento do recibo da auga ou coa suba do billete do autobús. Sinalou tamén que o balance do Goberno municipal é a evidencia de que a austeridade do PP non crea nin riqueza, nin emprego, nin benestar; todo o contrario: crea crise, paro, empobrecemento e desmantelamento dos servizos públicos. A súa austeridade non é produtiva. Só é destrutiva, alertou.
O alcalde actúa como empregado de confianza dunha sociedade limitada ("La Coruña es solamente nuestra, SL) cuxos principais socios capitalistas son as grandes promotoras, Copasa, a Compañía de Tranvías e as empresas multinacionais de telecomunicacións... e isto co patrocinio honorífico da súa Santidade Sir Francis Vázquez
A continuación, o portavoz do BNG no Concello da Coruña aludiu ás declaracións do alcalde nas que se confesaba como director comercial da Coruña. Aínda que non comparto a súa opinión, por unha vez o alcalde ten razón: como ten unha visión mercantilista da vida, concibe todo en clave de negocio, apuntou. Na mesma liña, acusou o alcalde de ver a Coruña como un negocio privado duns poucos e non como un ben común de tod@s e de actuar como empregado de confianza dunha sociedade limitada ("La Coruña es solamente nuestra, SL."), cuxos principais socios capitalistas son as grandes promotoras (encabezadas por Fontenla, OPremiado), COPASA (Oburato subvencionado), a Compañía de Tranvías (Pague por viaxar mal) e as empresas multinacionais das telecomunicacións. E sempre, engadiu, co patrocinio honorífico da súa Santidade Sir Francis Vázquez. Tendo en conta isto, a quen lle pode sorprender que Carlos Negreira confese que é un director comercial?, ironizou.
Ademais, Carril fixo alusión ás relación do Goberno municipal cos movementos asociativos, que castiga retirándolles as axudas económicas cando cuestionan o seu labor, ao tempo que monta organizacións paralelas e submisas aos seus intereses.