O alcalde devolve os libros que lle agasallou Carril e renuncia doalos á biblioteca de Monte Alto

O alcalde devolve os libros que lle agasallou Carril e renuncia doalos á biblioteca de Monte Alto

A Coruña, 4 de febreiro de 2013.- O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, agasallou o alcalde con dous libros, Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e Os libros arden mal, de Manuel Rivas. Deixounos enriba da mesa da Presidencia xusto despois de que o PP impedira debater no pleno a moción das nacionalistas en defensa da biblioteca de Monte Alto. Ao pouco de rematar a sesión, o Grupo Municipal do BNG recibiu de volta ambos os libros, e Carril volveullos enviar á Alcaldía para que o Sr. Negreira os doase á biblioteca da A VV das Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules, que pechou tras suprimir o PP o convenio de 11.380 euros que o Concello mantiña coa entidade desde había case 30 anos. Porén, o alcalde ordenou devolverlle os libros ao portavoz do BNG.

Carril escribiulle no interior dos libros cadansúa dedicatoria ao alcalde. En Os libros arden mal, o portavoz nacionalista sinalou “Neste libro, poderás comprobar como a elegancia e a cultura da nosa cidade están nos barrios e nas súas xentes traballadoras, ... artífices e sostén de moitas bibliotecas ao longo do tempo. Non esquezas que, por iso, as bibliotecas -como os libros- arden mal e non son tan doadas de pechar. Na Coruña, a 4 de febreiro de 2013, día en que perdestes unha oportunidade de poñervos do lado da elegancia e da cultura".

Pola outra banda, en Cantares Gallegos, Carril escribiulle ao alcalde, “150 anos de Cantares Gallegos e 150 anos de vida e plena vixencia. Non che digo nada..., pero vaia! Cantas veces vos vexo retratados aquí. Fíxate na páxina 102. Éche o que hai, meu! A Coruña, a 4 de febreiro de 2013”. Nesta páxina á que o portavoz nacionalista aludiu, Rosalía escribiu, “Xa sendo noite oscura/dinche que é noite crara;/xa estando o mar sereno/che din que fai borrasca;/e tanto te confunden/e tanto te acobardan, que anque falar quixeras/tal como Dios che manda/non che digo nada.../Pero ¡vaia!”.

 

As concelleiras do BNG votaron con sobres brancos para denunciar as corruptelas do PP

 

Na sesión plenaria desta mañá, o Grupo Municipal do BNG non votou a man alzada, como se fai habitualmente. Fíxoo erguendo uns sobres brancos como protesta polos sobresoldos na cúpula do PP, unha metáfora dos “sobres de Bárcenas”.

 

O alcalde devolve os libros que lle agasallou Carril e renuncia doalos á biblioteca de Monte Alto