Novas
Evasivas respostas do Goberno Local sobre o caso STL e as vivendas de uso turístico
11/xan./2024
En resposta a unha pregunta oral formulada polo portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, en relación á investigación das eventuais responsabilidades das concesionarias no caso STL, a concelleira delegada de Medio Ambiente, Noemí Díaz, limitouse a dicir que o Goberno Local “cumprirá cos compromisos” contidos no Acordo de Investidura.