Novas
Jorquera, ao PP: "A vostedes non lles interesa arranxar os problemas, senón axitar o avesporeiro para tirar rédito político"
03/nov./2021
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, considera que o verdadeiro motivo que moveu o PP ao convocar un Pleno Extraordinario, este mércores, sobre a seguridade cidadá non é tanto “abordar solución a un problema” como “axitar o avesporeiro para tirar rédito electoral. Consecuentemente, o BNG rexeitou a proposta de resolución formulada polo PP.