Novas
Vías públicas necesitadas de mantemento e limpeza, a rúa Posse por exemplo
03/mar./2025
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, recolle unha demanda da Asociación Veciñal Oza- A Gaiteira-Os Castros e rexistra unha iniciativa para lle pedir ao Goberno Local que asegure a limpeza, mantemento e humanización da Rúa Posse, singularmente no treito do falso túnel que atravesa baixo a Avenida de Oza.