Novas
Que se elimine a pintada machista de Alfonso Molina e se repare o acto vandálico contra o monólito de Rafael Bárez
19/out./2023
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vén de rexistrar senllos rogos escritos para que se repare o acto vandálico cometido sobre o monólito erixido in memoriam de Rafael Bárez na confluencia da rúa que leva o seu nome coa Avenida da Concordia e para que se elimine unha pintada machista aparecida na Avenida Alfonso Molina.