Novas
Só un plan industrial participado pola Xunta e o Estado pode salvar Alu Ibérica
15/dec./2021
A situación da planta coruñesa de Alu Ibérica é moi delicada após o administrador xudicial ter solicitado na Audiencia o preconcurso de acredores, ben como a autorización para negociar un ERTE para todo o cadro de persoal. Tan delicada é que no horizonte estaría o fechamento definitivo da fábrica e, por tanto, a perda de 300 empregos industriais na comarca da Coruña.