Novas
Levamos a Pleno os problemas de mobilidade dos miles de persoas que traballan no Polígono de Agrela
04/out./2023
Apenas uns días despois de manter un encontro con traballadoras do polígono de Agrela, a concelleira do BNG Avia Veira rexistrou unha moción para abordar os problemas de mobilidade que sofren as miles de persoas que se ven obrigadas a se desprazar acotío a este parque empresarial.