Novas
Soto leva a Pleno as queixas das usuarias de polideportivos dependentes da Xunta
07/mar./2025
O concelleiro do BNG David Soto asina unha moción, para o seu debate no Pleno do vindeiro xoves 13M, a se facer eco das queixas das persoas usuarias polo mal estado en que se atopan os polideportivos da Sardiñeira e Elviña, ambos de titularidade da Xunta.