Novas
O BNG vota a favor do Plan Financeiro após arrancar o compromiso do Goberno Local de facer unha dación de contas mensual
05/xuño/2025
O BNG votou a favor do Plano Económico e Financeiro, presentado polo Goberno Local neste Pleno de xuño, após arrancar o compromiso por parte do Executivo coruñés de que todos os meses fará unha dación de contas sobre a execución orzamentaria, no marco da Comisión de Economía e Facenda.