Novas
O Goberno Local ten que elaborar xa o Plan de Inclusión Social ao que que se comprometeu co BNG
01/feb./2021
O BNG xa defendeu no pasado mandato que o Concello se dotase dun Plano de Inclusión Social. A crise socio-económica decorrente da pandemia faino agora máis necesario do que nunca, de aí que a nosa concelleira, Avia Veira, se vaia dirixir ao Goberno Local no Pleno deste xoves para, por medio dunha pregunta oral, instalo a que o elabore de inmediato.