Discriminación para A Coruña e Galiza
A actitude do presidente de Portos do Estado é un oprobio para A Coruña e para Galiza e Feijóo é cómplice diso
Llorca veu confirmar unha nova discriminación para Galiza, acatada por Feijóo obedientemente, pola que o noso país queda discriminado fronte a outras zonas do Estado: confirmou que o Porto Exterior da Coruña de ningunha das maneiras vai ser financiado cos fondos do Estado –tal e como aconteceu en Xixón- que os terreos do porto cando estean desafectados non van ser cedidos ao Concello–como aconteceu en Barcelona ou Valencia- e que tampouco se lles vai dar ningún uso produtivo -como aconteceu en Bilbao-
Dado o pretendido silenciamento da Coruña, desde o Grupo Municipal do BNG pedimos que o Goberno do Sr. Ferreiro faga ouvir a voz das coruñesas e dos coruñeses e realice a consulta popular sobre o futuro do terreos portuarios