Novas
Embarcamos nunha lancha para apoiar o paro da frota artesanal
14/maio/2021
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, a deputada no Pazo do Hórreo Mercedes Queixas, o voceiro nacionalista en Oleiros, Xurxo Martínez, e o secretario de Organización do BNG da Coruña, Fran Rei, embarcaron esta mañá na lancha Perceberucha para apoiar os barcos da nosa frota artesanal que na entrada da Ría realizaron unha acción de protesta, a se concentrar e a facer soar as súas sirenas, contra o regulamento de control ditado pola UE.