Novas
Alertamos o Goberno Local sobre o abandono en que se achan o muíño e o parque de Santa Margarita
24/ago./2021
O portavoz do BNG en María Pita Francisco Jorquera dirixiu unha pregunta ao Goberno Local en relación ao estado de abandono en que se acha o Parque de Santa Margarita, unha situación de degradación moi preocupante que está a pór en risco a integridade dalgúns dos seus elementos patrimoniais máis emblemáticos, como o seu muíño.