Sentir unánime: débense reforzar os servizos xudiciais contra o Feminicidio
Continuamos coa campaña de recollida de sinaturas para solicitar que o Xulgado de Violencia Machista non peche en agosto
A recollida de sinaturas que comezou hai un mes levounos, desta volta, durante toda a tarde deste mércores, ao pé do Obelisco
Xa estivemos na Agra do Orzán e en Monte Alto, onde a resposta da veciñanza é unánime: non é comprensíbel que nun ámbito tan importante como é o da loita contra a violencia de xénero non haxa un ou unha xuíza substituta para manter abertos os xulgados os doce meses do ano. O Feminicidio non se toma vacacións polo que os medios para loitar contra este deben ser efectivos os 365 días do ano