Novas
Celebramos que, após Veira rexistar unha iniciativa ao respecto, o Goberno Local pida a declaración da Coruña como mercado tensionado
03/out./2023
O grupo municipal do BNG celebra que, após o pasado 27 de setembro a nosa concelleira Avia Veira ter rexistrado unha pregunta oral, o Executivo coruñés demandase hoxe á Xunta por escrito a declaración da Coruña como mercado residencial tensionado aos efectos previstos na Lei Estatal de Vivenda.