Mariscadores da Ría do Burgo
Novas
Reunión Néstor Rego, Jorquera e Iria Taibo co colectivo de mariscadores da Ría do Burgo, Baldomir, e o patrón maior da Confraría, Xabier Mariñas.

Basta de escusas: axudas xa para o colectivo de mariscadores da Ría do Burgo

O BNG vén de denunciar con firmeza a irresponsabilidade do Goberno do Estado, así como da Xunta de Galiza, na situación insostíbel que están a vivir as mariscadoras e mariscadores da Ría do Burgo, que levan desde abril de 2024 sen recibir compensación económica algunha malia non poder retomar a súa actividade profesional. O deputado do BNG non Congreso, Néstor Rego, exíxelle o Goberno do Estado pór fin a esta situación de inxustiza e desamparo e pagar de inmediato as compensacións económicas até que poidan volver traballar.
Ler novas
Novas
Francisco Jorquera e Fran Rei cos mariscadores da Ría do Burgo perante a Delegación do Goberno. Mércores 28 de abril de 2021.

En resposta ao BNG, o Goberno central dille ás mariscadoras da Ría que reclamen se se consideran prexudicadas

A dragaxe da Ría do Burgo é un proxecto que vai desenvolver a Administración central do Estado no dominio público marítimo terrestre e a súa realización vai ser incompatíbel coa práctica do marisqueo quer a pé quer a flote durante no mínimo 26 meses. É por isto que as e os mariscadores teñen que ser compensados polo cesamento forzoso da súa actividade.
Ler novas