Novas
Case 5 anos despois da súa doazón ao Concello, o Goberno Local aínda non instalou a estatua en memoria dos Irmáns da Lixivia
10/mar./2025
O 1 de xullo de 2020 -hai case 5 anos- a Xunta de Goberno Local aceptaba a doazón ao Concello da escultura da autoría de Ramón Conde coa que se rende tributo á memoria dos coñecidos como “Os irmáns da lixivia” -os veciños de Monte Alto Jaroes, Bebel e France García- fusilados polos fascistas no Campo da Rata en 1936.