bngcidadedacorunha.opennemas.com
22/mar./2018
O PP quere tirar réditos electorais a golpe de chequeira anunciando grandes obras e infraestruturas desde o Goberno do Estado mais sen atender realmente os problemas de mobilidade
Reafirmámonos en que non é tal a necesidade da ampliación da avenida da Vedra
Diante dos problemas reais de mobilidade na Coruña e na área metropolitana, para nós a solución é planificar un transporte público intermodal cun servizo de proximidade por tren e cun autobús pensado para cubrir as necesidades da xente
Entendemos que a solución para a aliviar o tránsito na Vedra non é ampliar carrís senón repartir antes o tráfico coa conexión da AP-9 co aeroporto e, polo tanto, coa Terceira Rolda
Queremos advírtelle ao Partido Popular que se equivoca se pensa que as coruñesas e os coruñeses van esquecer coa súa chequeira que o Estado pretende vender por anacos a cidade (terreos do Campo da Estrada, os terreos da Solana e do Finisterre, peiraos interiores etc), que temos serias deficiencias nos servizos ferroviarios para conectarnos coa comarca ou que precisamos investimentos que redunden no emprego como o da limpeza da ría do Burgo ou a conexión ferroviaria do Porto Exterior, para os que non se dá tanta presa o Goberno de M.Rajoy