Hotel Atlántico
Novas
Interior do Hotel Atlántico con maquinaria que está sendo desmantelada das súas instlacións

As traballadoras e traballadores do Atlántico coa posibilidade de estar na rúa en 24 horas

Consideramos indignante e bochornosa inacción do Goberno da Marea Atlántica no proceso de relevo na concesión no Hotel Atlántico que condena á incerteza ás traballadoras e aos traballadores do establecemento hostaleiro

Agora mesmo a única certeza real é que se está a baleirar o hotel e se está a desprover dun mínimo de operatividade para o momento de traspaso: as empresas distribuidoras están a se levar toda a maquinaria, frigoríficos, cafeteiras, o enxoval etc. NH esta facendo o propio coas súas pertenzas, mesmo co almacén de alimentos. Despois do día de hoxe o interior do establecemento quedará só coas catro paredes e coas persoas traballadoras, que non teñen garantido o seu posto alén de mañá. Cremos vergoñenta a falta de acción do Executivo da Marea que deixa literalmente abandonado á súa sorte ao cadro de persoal

É inadmisíbel que a 24 horas do cambio da concesión as traballadoras e traballadores non teñan ningunha información sobre o proceso, e mesmo se lles agocha; nin NH lles asina o chamado “finiquito”, nin a nova concesionaria, o Grupo Galena, lles garante a subrogación, nin saben se o mércores terán contrato de traballo, nin son convocados ás reunións que se están celebrando mesmo en María Pita

Ler novas
Novas
Vista exterior do Hotél Atlántico (foto Wikimedia Commons)

Cal será a situación do actual cadro de persoal despois da nova concesión do Hotel Atlántico?

Instamos a Marea Atlántica que medie nunha mesa cuatripartita entre NH Atlántico, o Grupo Galena, e o propio goberno e as traballadoras e os taballadores do hotel para procurar a continuidade destes

Os traballadores e as traballadoras deste hotel foron absolutamente ninguneados desde 2015 xa que, segundo nos transmitiu a súa representación, non se puxeron en contacto desde o Goberno Local en ningún momento para informalos das decisións que se ían tomando e das súas implicacións

Ler novas
Novas
Vista exterior do Hotél Atlántico (foto Wikimedia Commons)

O aproveitamento futuro do Hotel Atlántico e a renuncia de dotar de máis servizos públicos á cidade

A adxudicación do alugueiro do Atlántico reflicte perfectamente a ausencia de ideas innovadoras e proxecto de cidade da Marea Atlántica pola súa aposta continuadora de que o inmóbel siga destinado a hotel, coa gravidade de que non está garantida a subrogación do persoal

Denunciamos que o Goberno local xustificou nos pregos a súa decisión continuadora de que o inmóbel estivese destinado a hotel “en aras de evitar un menoscabo na oferta hoteleira da nosa cidade” mais cremos que non é obriga das Administracións Públicas, e menos da local, garantir a oferta hoteleira mais si dotar ou facer todas as xestións oportunas para dotar A Coruña de servizos públicos que melloren a vida da súa poboación e apuntan a que o inmóbel ten unha configuración ideal para ser un centro destinado á terceira idade e para a mocidade

O Goberno Local non consultou con nós esta decisión de sacar a concurso o aluguer do Hotel Atlántico que foi tomada de xeito absolutamente unilateral por parte da Marea Atlántica

É realmente chamativa a teima do Executivo Local de poñer a escusa de que co rendemento deste aluguer as coruñesas e os coruñeses van desfrutar dun millón e medio de euros máis no orzamento mais non explica para que o vai destinar

Ler novas