Gomes-Gaioso
Novas
Muro onde foron sancionados os membros do C.S. Gomes Gaioso cheo de carteis publicitarios mesmo do concello da Coruña

O Goberno municipal da Marea aplica discriminatoriamente as sancións por pegadas?

Preguntamos ao Goberno da Marea Atlántica se ten pensado aplicar sancións ao propio Concello da Coruña polas súa pegadas de carteis

Tivemos coñecemento a través das redes sociais da imposición de sancións a membros do C.S. Gomes Gaioso pola pegada dun cartel na rúa da Torre polo que preguntámonos se o Goberno da Marea tamén aplica as mesmas sancións a todos os colectivos e empresas, mesmo multinacionais, que empregan ese mesmo muro para a colocación da súa cartelaría

Queremos que o Executivo local achegue unha relación das entidades ás que multou o ano pasado, e no que vai deste, polo incumprimento da Ordenanza de Xestión de Residuos Municipais e Limpeza Viaria e, así mesmo, se ten a intención, no que queda de mandato, de modificala; sería inexplicábel e intolerábel que a imposición de sancións dependa de quen coloca os carteis ou do que se publicita nos mesmos. O propio Concello da Coruña coloca carteis no mesmo muro onde foron sancionados os membros deste Centro Social, por non lembrar a cantidade de carteis que colocou en toda A Coruña durante a campaña #APéDeBarrio

Ler novas