Novas
Propoñemos que o Concello da Coruña condene de xeito contundente e sen paliativos a sentenza contra La Manada
27/abr./2018
Solicitamos esta mañá que o Pleno da Corporación elabore e aprobe unha Declaración Institucional de condena á sentenza de La Manada
Cremos que as administracións non deben quedar impasíbeis e que deben de ter unha actitude decidida contra este tipo de sentenzas que amosan un evidente menoscabo contra a liberdade das mulleres polo mero feito de ser mulleres e de inxustiza fragrante cunha perda sen precedentes dos dereitos das persoas