A desfeita do edificio Conde de Fenosa que a pague quen a causou
Esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que os verdadeiros responsábeis da desfeita do edifico Conde de Fenosa, o Goberno de Francisco Vázquez e a empresa Fadesa, asuman a súa responsabilidade
Levabamos advertindo desde 2011 que esta situación podería chegar a darse e lamentamos que durante o mandato do Partido Popular a estratexia seguida estivera encamiñada a demorar o máximo posíbel unha sentenza destas características sen actuar contra os culpábeis dos feitos
Sería irracional e escandaloso que as coruñesas e coruñeses tiveran que asumir, a conta dos seus petos, as ilegalidades cometidas por Fadesa durante o Goberno de Francisco Vázquez. Cremos, de feito, que o Concello da Coruña non ten responsabilidade patrimonial, con independencia das responsabilidades políticas ou persoais que puidesen derivarse daqueles que informaron e outorgaron unha licenza notoriamente contraria á normativa urbanística e da responsabilidade da promotora, xa que esta sabía e coñecía perfectamente que o proxectado era contrario ao PXOM en vigor a aquela altura