Novas
O BNG ve un "insuficiente grao de cumprimento" do Acordo de Investidura
25/set./2020
O BNG trasladoulle esta mañá ao PSdeG-PSOE que ve un “insuficiente grao de cumprimento” do Acordo de Investidura por parte do Goberno Local e emprazou o grupo que dá sustento ao executivo coruñés a que se manteña na letra e no espírito do documento político que permitiu o acceso de Inés Rey á Alcaldía.