Novas
PP e PSOE unen os seus votos para tombar a iniciativa do BNG sobre As Percebeiras
18/dec./2020
PP e PSdeG acaban de tombar no Parlamento galego a proposición non de lei presentada polo BNG para instar a Xunta a someter o Plan Especial de Labañou M-18 -coñecido popularmente como “As Percebeiras”- ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, e non pola vía simplificada como está previsto, co obxectivo de poder avaliar así pormenorizadamente un plan que vai ter un “impacto terríbel” na fachada litoral e na paisaxe urbana da cidade.