Debemos reprobar ao nazismo e ao fascismo de xeito inequívoco!
Solicitaremos na Comisión de voceiras e de voceiros, que se celebrará mañá previa ao Pleno, que o Concello da Coruña realice unha Declaración Institucional de condena ao ataque fascista contra a exposición “A forza necesaria. O movemento obreiro na Coruña” e de repulsa aos comportamentos antidemocráticos na cidade
As pintadas aparecidas na exposición, que estaba na praza da Fábrica de Tabacos cando foi obxecto do ataque vandálico, non é un feito illado e súmase a un ataque semellante que hai uns meses tamén sufriu o ateneo Xosé Tarrio ou ás pintadas de esváticas aparecidas en varios puntos da cidade o ano pasado