A FORZA NECESARIA
Debemos reprobar ao nazismo e ao fascismo de xeito inequívoco!
Solicitaremos na Comisión de voceiras e de voceiros, que se celebrará mañá previa ao Pleno, que o Concello da Coruña realice unha Declaración Institucional de condena ao ataque fascista contra a exposición “A forza necesaria. O movemento obreiro na Coruña” e de repulsa aos comportamentos antidemocráticos na cidade
As pintadas aparecidas na exposición, que estaba na praza da Fábrica de Tabacos cando foi obxecto do ataque vandálico, non é un feito illado e súmase a un ataque semellante que hai uns meses tamén sufriu o ateneo Xosé Tarrio ou ás pintadas de esváticas aparecidas en varios puntos da cidade o ano pasado
Mañá solicitaremos, na Comisión de voceiras e voceiros que está convocada para as 11.30 h da mañá, e previa á celebración do Pleno ordinario do mes de xuño, aproveitando que a súa orde do día tratará a preparación da propia sesión plenaria, que o Concello da Coruña realice unha Declaración Institucional de condena e rexeitamento do ataque fascista contra a exposición “A forza necesaria. O movemento obreiro na Coruña”, e que inclúa, asemade, unha repulsa inequívoca de todos os grupos políticos que conforman a corporación dos comportamentos antidemocráticos, neonazis e fascistas na nosa cidade.
E é que amosamos a nosa preocupación pola reiteración deste tipo de manifestacións e ataques que ultimamente se están producindo na Coruña, polo que consideramos necesario que se amose de xeito unánime o compromiso de todas as forzas políticas por erradicalos.
Neste sentido cremos que as pintadas aparecidas na exposición, que lembramos recollen a través de 15 fotografías, expostas en paneis, a historia das loitas obreiras, as conquistas sociais e a represión da ditadura franquista na nosa cidade, e que estaba na praza da Fábrica de Tabacos cando foi obxecto do ataque vandálico, non son un feito illado e que se suma a outro ataque semellante que hai uns meses tamén sufriu o ateneo Xosé Tarrio ou ás pintadas de esváticas aparecidas en varios puntos da cidade o ano pasado.
E tamén lembramos que as institucións públicas deben defender a democracia dos ataques violentos como o recibido por esta exposición, e facer un traballo da recuperación da memoria democrática, como o que se amosa na exposición “A forza necesaria. O movemento obreiro na Coruña”, ou mesmo como acaba de facer a Deputación da Coruña cun primeiro estudo sobre a represión franquista de alcaldes e concelleiros de 94 concellos da Coruña, despois do levantamento militar e fascista do 18 de xullo de 1936.
A Coruña, 4 de xuño de 2017
Artigos relcionados: