Novas
Pleno extraordinario

O BNG non ve posíbel un acordo orzamentario para 2025 ao se quebrar a confianza nun Goberno Local que incumpre a maioría dos pactos

No curso do Pleno extraordinario habido esta mañá, o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, anunciou que a formación nacionalista non ve posíbel o acordo sobre os orzamentos do Concello para 2025 ao se producir unha “creba do principio de confianza” cun Goberno Local que continúa sen cumprir a maioría dos pactos asinados co Bloque, quer o de investidura quer o das contas do Concello actualmente vixentes.
Ler novas
Pleno

O Pleno de novembro aproba as tres mocións do BNG

O Pleno de novembro aprobou as tres mocións formuladas polo grupo municipal do BNG: sobre o levantamento das peaxes da AG55 A Coruña-Carballo (da autoría de Jorquera), sobre a mellora das condicións laborais das traballadoras/es do servizos municipais concesionados (asinada por David Soto) e sobre o proxecto urbanístico das Percebeiras (defendida por Avia Veira). As dúas primeiras tiveron o apoio do PSOE e colleitaron a abstención do PP. A derradeira recibiu os votos afirmativos do PSOE e foi votada en contra pola bancada conservadora.
Ler novas
Conferencia de prensa Jorquera Queixas orzamentos Xunta para A Coruña

A lóxica dos proxectos estratéxicos é dotar o portavoz do Goberno Local de "amplas competencias en asuntos que mobilizan moitos cartos"

O fío condutor do decreto sobre os proxectos estratéxicos da cidade é o de dotar o portavoz do Goberno Local “de amplas competencias” en actuacións “que mobilizan moitos cartos”. Concentrar, ademais, nunha soa persoa todo o poder decisorio sobre os proxectos estratéxicos da cidade “converte en papel mollado a remodelación do Goberno Local feita en xuño pasado”.
Ler novas