A veciñanza denuncia que as prazas de figurantes para a cabalgata de reis estaban dadas
A Coruña, 24 novembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG tivo constancia, a través de pais e nais afectadas, do caos que tivo lugar esta mañá no Ágora á hora de entregar as inscricións dos nenos e nenas que querían participar como figurantes nas carrozas da cabalgata de reis. Segundo lle transmitiron veciños e veciñas ao Bloque, que advirte de longas colas desde primeiras horas da mañá (mesmo antes de abrir as dependencias do Ágora), as prazas xa estaban dadas.
Dadas as numerosas queixas e as molestias provocadas, que denuncian que as prazas xa estaban dadas, o Grupo Municipal do BNG empraza o Goberno local a explicar como se outorgaron as prazas e a quen se lles outorgaron. As nacionalistas critican que o Goberno do Sr. Negreira publicite a oferta de figurantes só por apariencia cando as prazas xa estaban dadas.