O PP segue a apostar polo tranvía turístico, deficitario e que non serve como transporte alternativo

O PP segue a apostar polo tranvía turístico, deficitario e que non serve como transporte alternativo

A Coruña, 16 de novembro de 2012.- A Xunta de Goberno Local decidiu hoxe aprobar o proxecto de reparación da vía do tranvía turístico no tramo Torre-As Escravas, cuxo orzamento de execución ascende a 499.831,77 euros (IVE incluído). Trátase dun proxecto que ten como finalidade "garantir a correcta operatividade do tranvía turístico na súa fase de explotación e, polo tanto, a seguridade e confort dos pasaxeiros".

Con esta decisión, advirte o BNG, o Goberno do Sr. Negreira renuncia a facer do tranvía un medio alternativo ao vehículo privado tanto para a cidadanía como para os turistas, limitándose, así, a perpetuar un servizo deficitario como é o tranvía turístico , mais tamén, limitándose a perpetuar o enriquecemento da Compañía de Tranvías, que obtén, tamén por este concepto, cuantiosos beneficios das subvencións municipais polo servizo de transporte urbano.

O BNG sempre apostou por aproveitar a paralización do servizo tranviario para modernizar os tranvías de superficie como medio de transporte alternativo

O Grupo Municipal do BNG, sen cuestionar en ningún momento a suspensión no seu día do servizo de tranvía turístico por motivos de seguridade, sempre foi partidario de aproveitar a suspensión deste servizo para redefinir e modernizar os tranvías de superficie como medio alternativo de transporte para turistas e para a veciñanza.

É unha mágoa, apuntan os nacionalistas, que o Goberno municipal desaproveitara esta grande oportunidade e que non for máis ambicioso nas súas ambicións. Falta de ambición que só se pode entender, engaden, na idea dun servizo deficitario, como é o do tranvía turístico, para o beneficio único e exclusivo da Compañía de Tranvías, que tamén recibe moitas axudas por este servizo.

Contratación externa

Neste asunto, chama a atención, afirma o BNG, que o Goberno municipal encargase a elaboración do proxecto a unha empresa a través de contratación externa, alegando que non dispoñía de medios técnicos e persoas axeitados na Concellaría (no informe dise, literalmente, "no disponiendo para esta tarea, y a falta de medios técnicos y personales adecuados en esta Concejalía para el desarrollo de esta tarea"). E isto, tendo en conta que no propio Concello da Coruña hai persoal cualificado para tales fins, como evidencia o propio informe-proposta, indicando, literalmente, que ese proxecto é "supervisado... por el ingeniero de Caminos, Canales y Puentes municipal con el conforme del jefe de Departamento de Proyectos y Obras".

 

 

O PP segue a apostar polo tranvía turístico, deficitario e que non serve como transporte alternativo