O PP pretende facer en 7 meses o que non fixo en 3 anos, con obras que comprometen as contas de 2015
A Coruña, 17 de outubro de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno do Sr. Negreira pretende facer en sete meses o que non fixo durante os tres anos de mandato, planificando con criterios electoralistas os gastos de xeito plurianual e compromentendo as partidas máis importantes.
Na Xunta de Goberno Local que tivo lugar no día de hoxe, aprobouse por unha banda a apertura do procedemento de adxudicación do proxecto de mellora eficiente do alumeado no Paseo Marítimo e por outra a apertura do procedemento de adxudicación do proxecto de acondicionamento do tramo urbano da avenida Alfonso Molina, cuxo financiamento realizarase de xeito plurianual. Así, no caso do Paseo Marítimo en 2014 gastaranse 15.000 e en 2015, un total de 1.304.469 . No caso de Alfonso Molina, para 2014 comprometeranse 10.000 mais para 2015 serán 1.187.122 euros.
Para as nacionalistas, a este paso o Goberno do Partido Popular está a comprometer totalmente os orzamentos de 2015 con actuacións electoralistas para xustificar o que non fixo durante os tres anos de mandato.