Pokemon: O BNG pide a dimisión dos concelleiros imputados e o cese dos asesores
A Coruña, 26 de decembro de 2013.- Ante as imputacións coñecidas hoxe no marco da operación Pokemon, o BNG da Coruña esixe as dimisións dos concelleiros imputados, o cese dos asesores (persoal eventual) imputados e mais o apartamento dos funcionarios imputados (é dicir, que non interveñan en ningún proceso administrativo de contratacións).
Ademais, o Bloque esíxelle ao Partido Popular e ao Goberno municipal a máxima transparencia. De aí que urxa o Sr. Negreira a comparecer, de inmediato, para explicarlle á cidadanía publicamente todos os detalles destas imputacións que danan, gravemente, a imaxe do Concello da Coruña.