Novo vídeo de #TodasAsCoruñas: O rural fronte á especulación urbanística

Novo vídeo de #TodasAsCoruñas: O rural fronte á especulación urbanística

todasascoruñas ruralA Coruña, 13 de marzo de 2015- O BNG-Asembleas Abertas vén de presentar unha nova peza audiovisual enmarcada na campaña de #TodasAsCoruñas. Nesta ocasión, logo do paso da caravana dos barrios polos núcleos rurais, o cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas, Xosé Manuel Carril, quere salientar con este vídeo que fronte á especulación urbanística está o dereito a vivir no rural. Neste sentido, Carril pon de manifesto que o rural é un patrimonio de #TodasAsCoruñas a protexer e a mellorar.

Agora, unha vez iniciado o roteiro da caravana polos barrios urbanos da Coruña, o BNG-Asembleas Abertas difunde un vídeo coas imaxes gravadas por Carril pateando os núcleos rurais da cidade: Feáns, Mesoiro, Elviña, Nostián, Bens... Desta maneira, o BNG-Asembleas Abertas pon en valor o rural de #TodasAsCoruñas e a necesidade de dotalo das infraestruturas e servizos necesarios. En total, a candidatura do Bloque recolleu nas súas visitas aos núcleos rurais da cidade máis de 125 actuacións encamiñadas a dignificar a vida no rural e que incorporará ao programa electoral.

No vídeo, Carril percorre diversos espazos rurais de #TodasAsCoruñas e recolle o son real, e non enlatado, que pode oírse pateando os núcleos rurais: capóns, cabalos, ovellas, vacas, cans... uns sons que o BNG-Asembleas Abertas quere protexer fronte ao urbanismo depredador que representa neste vídeo o Ofimático e a zona das vivendas de Elviñas desafiuzadas.

O novo vídeo de #TodasAsCoruñas pode visualizarse na web www.todasascorunhas.gal, na canle de Youtube https://www.youtube.com/user/BNGCorunha na páxina de Facebook https://www.facebook.com/BngACorunha e na conta do Twitter do BNG da Coruña @BNGACorunha, amais de nos perfís de Xosé Manuel Carril en Facebook https://www.facebook.com/XoseManuelCarril e en Twitter @XMCarril

 

Novo vídeo de #TodasAsCoruñas: O rural fronte á especulación urbanística