A instancias do BNG, o Tribunal de Cuentas abre xuízo por responsabilidade contábel no caso Someso
A Coruña, 30 de xaneiro de 2015.- Por providencia de 21 de xaneiro de 2015 o Tribunal de Cuentas decide, a instancias do BNG, abrir xuízo por responsabilidade contábel no caso de Someso, incoando o correspondente procedemento estabelecido para tales efectos.
O Goberno municipal, logo das irregularidades denunciadas polo BNG na súa condición de actor público, tamén solicitou a continuación do procedemento. Con todo, o Grupo Municipal do BNG quere lembrar que o Goberno do Sr. Negreira non quere revisar os actos e acordos nulo de pleno dereito que lle teñen solicitado as nacionalistas até en catro ocasións, razón pola que esta actuación do Goberno Local plantexa dúbidas sobre a resolución final que o Tribunal de Cuentas adopte no caso de Someso.
Porque, lembran as nacionalistas, é o propio Tribunal de Cuentas quen ten reparado precisamente na necesidade de revisar os acordos das Xuntas de Goberno Local de 29 de outubro de 2004, 30 de setembro de 2005 e 3 de febreiro de 2006, sempre coa finalidade de determinar e concretar as responsabilidades contábeis, dado que tales acordos e actos seguen gozando de validez plena e surtindo efectos.