A iniciativa do BNG, o Tribunal de Cuentas investigará o caso Someso con apoio da Fiscalía
A Coruña, 20 de xullo de 2013.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, deu conta na mañá de hoxe do auto do Tribunal de Cuentas do 10 de xullo de 2013 (notificado na tarde do día de onte), en virtude do cal se vai nomear instrutor para investigar as responsabilidades polas irregularidades cometidas en Someso.
En rolda de prensa, Carril advertiu de que este auto promovido pola acción pública de responsabilidade contábel impulsada polo BNG pon en evidencia que o único interesado en dirimir responsabilidades no caso Someso era a formación nacionalista. E tamén pon en evidencia como o Goberno municipal tivo que corrixir no Tribunal de Cuentas a súa postura en Someso, mesmo co cese do director da Asesoría Xurídica do Concello da Coruña, logo de coñecer a denuncia do BNG no propio Tribunal de Cuentas.
Vanse investigar as responsabilidades de Paco Vázquez e Fontenla, entre outros, polas irregularidades cometidas en Someso
Concretamente, tal e como sinalou en rolda de prensa, o auto expón que do escrito presentado polo Bloque Nacionalista Galego na súa condición de actor público se desprende que los hechos que han dado lugar a las mismas pudieran ser constitutivos de un supuesto de responsabilidad contable por alcance como consecuencia de diversas irregularidades puestas de manifiesto por el actor público en su escrito presentado con fecha de 15 de febrero de 2013, relativas a actuaciones urbanísticas en el Sector 7 (Someso), por parte del Ayuntamiento de A Coruña, consistentes sustancialmente en la posible apropiación privada de bienes y derechos municipales, en la venta ilegal del aprovechamiento municipal en el sector, y en la ejecución de unos convenios urbanísticos con pérdida patrimonial injustificada para el Ayuntamiento, y que se valoran en una lesión económica de 19.239.385 euros, según figura en el informe municipal de 15 de junio de 2012. Por esta razón, o auto conclúe indicando que procede en derecho que por la Comisión de Gobierno del Tribunal de Cuentas se nombre un Delegado instructor a fin de que practique las diligencias previstas en el artículo 47 de la Ley de Funcionamiento del Tribunal de Cuentas.
Carril explicou que todo isto implica que o Tribunal de Cuentas investigue as actuacións realizadas por Paco Vázquez (alcalde da Coruña no seu día) e Fontenla (presidente da Xunta de Compensación), entre outros moitos, no Sector 7 de Someso, sinaladamente, todo o que ten a ver coa venda ilegal (sen concurso público) do patrimonio municipal.
Con este auto, o Goberno municipal fica en evidencia e desenmascárase a súa estratexia de protexer a Paco Vázquez e a Fontenla
O portavoz nacionalista sinalou que tendo en conta que este auto implica que se investigue tanto o Sr. Paco Vázquez como o Sr. Fontenla, o Goberno municipal do Sr. Negreira queda en evidencia, desenmascarándose a súa estratexia de protexer o amigo do alcalde (Paco Vázquez) e o Sr. Fontenla.
Afirmou Carril que queda de manifesto o fai que fai do Goberno municipal ao ter que corrixir, no Tribunal de Cuentas, a súa postura inicial en Someso (que non había responsabilidades), mesmo co cese do director da Asesoría Xurídica, logo de coñecer a denuncia do BNG no propio Tribunal de Cuentas. E queda de manifesto tamén o seu fai que fai co arquivo, o 11 de abril de 2013 polo Tribunal de Cuentas, do escrito que o Goberno municipal presentara para pór os feitos en coñecemento do propio Tribunal de Cuentas, escrito en que omitía o máis trascendental do asunto: o acordo de venda ilegal do patrimonio municipal.
A instancias do BNG, o Tribunal de Cuentas ten coñecemento da tramitación das dilixencias previas contra Paco Vázquez polo Xulgado de Instrución número 3 da Coruña
As investigacións a levar a cabo polo instrutor do Tribunal de Cuentas terán en conta ademais que o Xulgado de Instrución número 3 da Coruña abriu dilixencias previas no procedemento abreviado 4918/2011 contra Paco Vázquez, que é unha das persoas contra as que se dirixe a acción pública para esixencia de responsabilidade contábel. Tal e como figura no auto do Tribunal de Cuentas, este Tribunal ten coñecemento de tales actuacións a instancias do BNG e non do Goberno municipal, malia que o propio Goberno municipal foi requirido polo Xulgado de Instrución número 3 para enviar precisamente toda a documentación relativa aos acordos de venda ilegal do patrimonio municipal.