Os informes do goberno acreditaban a posibilidade de execución da sentenza no Conde de Fenosa
A Coruña, 12 de xullo de 2014.- Nunha primeira valoración da sentenza da sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo sobre o recurso de casación do edificio Conde de Fenosa, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego manifesta que, tal e como se desprende da propia sentenza, os informes aportados polo Goberno Municipal serviron precisamente para o contrario do que se pretendía, pois acreditaban a posibilidade de execución da sentenza, xa que neles se dicía que a demolición parcial do edificio Conde de Fenosa era tecnicamente posíbel, aínda que moi custosa e complexa.
As nacionalistas sinalan que a imposibilidade de executar a sentenza era viábel xuridicamente, mais o Goberno Local, nunha ocorrencia disparatada, presentou dous informes externos (cun custo económico para as arcas municipais de 38.829,50 euros (20.650 euros do dictame do catedrático de dereito administrativo Rafael Gómez-Ferrer Morant e 18.179,50 euros do dictame do arquitecto Carlos Trabazo Molíns)) nos que precisamente se acreditaba a posibilidade de execución da sentenza, indicando que a demolición parcial do edificio Conde de Fenosa era tecnicamente posíbel, aínda que moi custosa e complexa. En consecuencia, os informes aportados polo Goberno Local serviron precisamente para o contrario do que se pretendia.
Por último, o BNG sinala que Martinsa Fadesa nin sequera se opuxo ao recurso presentado ante o Tribunal Supremo, deixando caducar o prazo de contestación, de modo que foi o propio o Concello da Coruña quen asumiu o custe do incidente.