Os tres grupos da oposición presentan unha moción conxunta en defensa d@s praceir@s de Sta Lucía
A Coruña, 5 de outubro de 2014.- Os tres grupos da oposición no Concello da Coruña levarán mañá ao Pleno unha moción conxunta en defensa e apoio dos postos de traballo das praceiras e praceiros do mercado de Santa Lucía. Esperan que o Goberno Local tamén apoie esta moción mostrando desta maneira o seu compromiso co pequeno e mediano comercio de barrio.
A moción socilita do Pleno da corporación o acordo de permitir, na medida do posíbel, a actividade do mercado de Santa Lucía até o comezo das obras de rehabilitación do seu edificio e que as praceiras e os praceiros poidan continuar co seu traballo mentres as obras de rehabilitación así o permitan. Despois de que as obras de rehabilitación lles imposibilite seguir traballando, a moción solicita que se artellen as medidas necesarias mentres se realicen estas obras de rehabilitación para que as praceiras e os praceiros poidan continuar coas súa actividade nun lugar habilitado para tales efectos no propio barrio. E por último, tras a finalización das obras de rehabilitación, a moción solicita que se adopten as medidas que correspondan para que as praceiros e os praceiros poidan incorporarse aos postos que se oferten no novo edificio do Mercado de Santa Lucía, sempre a través dos procesos selectivos pertinentes, que deberán reparar na súa experiencia e nos seus anos de dedicación con profesionalidade e atención demostradas a esta actividade de comercio de barrio.