O Goberno municipal adia a execución do Ofimático para adecuar as obras aos intereses dos promotores

O Goberno municipal adia a execución do Ofimático para adecuar as obras aos intereses dos promotores

A Coruña, 14 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG considera que o anuncio do Goberno do Sr. Negreira de iniciar o expediente de modificación do contrato das obras do parque Ofimático para "acompasar" o ritmo da execución das obras en función da demanda das vivendas responde ás necesidades dos grandes promotores, aos que non lles interesa executar as obras a curto prazo por razóns económicas. Nesta liña, os nacionalistas que xa teñen denunciado en numerosas ocasións que unha urbanización como a do Ofimático non pode facerse ao ritmo que marquen os promotores, lamenta que o Goberno municipal non actúe en base ás necesidades de vivenda de cooperativistas nin de desaloxados.

Así, con esta medida, o Goberno municipal volve demostrar que está do lado dos grandes promotores, seguindo os ritmos que lles marcan, e que non sabe que facer cos afectados polo Ofimático, máis alá de enviar a policía local a amordazar os e as veciñas desafiuzadas que queren facer visíbel a súa situación.

 

O Goberno municipal adia a execución do Ofimático para adecuar as obras aos intereses dos promotores