O goberno actúa de maneira diferente á do Conde Fenosa co edificio de San Roque de Afóra
A Coruña, 12 de abril de 2015.- Ante o coñecemento de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ordenou ao Concello da Coruña a que faga efectiva a demolición do edificio de San Roque de Afora no prazo de seis meses, o Grupo Municipal do BNG sinala que sendo a situación do edificio de San Roque de Afora idéntica á do edificio Conde de Fenosa (licenza ilegal e deber de demoler para repor a legalidade urbanística), o Goberno Local actúa, pola contra, de maneira diferente.
As nacionalistas sinalan que o Goberno Local debería explicar as razóns do seu actuar diferente ante estes dous casos idénticos. E é que o BNG lembra que no edificio Conde de Fenosa, o Goberno do Sr. Negreira leva gastado miles e miles de cartos públicos contratando informes externos e mesmo acudindo inclusive ao Tribunal Constitucional para presentar por primeira vez un recurso de amparo en asuntos urbanísticos.
Mentres o Goberno Local non explique as razóns deste actuar moi diferente malia se tratar de situacións urbanísticas idénticas, a xuízo do BNG semella que en urbanismo o Gobeno Municipal diferenza en función de quen se sexa e en función de onde se viva.