Exposición de Smart City nunha biblioteca con computadores estragados
A Coruña, 31 de marzo de 2015.- O Grupo Municipal do BNG informa dunha nova metedura de zoca do Sr. Negreira en relación ao proxecto irreal da Smart City: o alcalde elixiu a Biblioteca Municipal Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga) para acubillar unha exposición (showroom, na linguaxe cosmopaleta empregada polo Goberno local), precisamente cando computadores desta biblioteca levan máis dun mes estragados.
Fronte á Smart City, que chucha millóns de recursos públicos, o BNG aposta por unha cidade con persoas intelixentes e, en consecuencia, reivindica un maior investimento para bibliotecas, para compra de libros, para actividades e para educación.