O descampado de Penamoa está a converterse nun vertedoiro
A Coruña, 21 novembro de 2014- Ante as queixas de veciños e veciñas do Ventorrillo e da Silva, o Grupo Municipal do BNG denuncia que o descampado de Penamoa está a converterse nun vertedoiro, con numerosos refugallos mesmo pantallas de computadores- e cascallos.
As nacionalistas anuncian a presentación dunha batería de respostas para a pregunta escrita co fin de saber se o Goberno local é coñecedor da sucidade en Penamoa e se prevé ordenar a limpeza deste terreo canto antes, amais de garantir o seu adecentamento.